Sunday 28 de April de 2024

A Escola Municipal de Música concreta o horario das súas clases, que darán comezo a vindeira semana


No encontro mantido entre alumnado e profesorado participaron tamén o alcalde de Ordes e a concelleira de Educación. Este ano inscribíronse un centenar de alumnos e alumnas

A directiva e o cadro de profesorado da Escola Municipal de Música de Ordes organizou unha nova toma de contacto co alumnado, pais, nais e titores. Este curso en total están inscritos un cento de alumnos e alumnas, que recibirán formación tanto en materias instrumentais como en contidos relacionados coa linguaxe musical, música e movemento ou banda xuvenil entre outros. Ademais tamén hai que falar dun incremento no número de docentes, co fin de aumentar o nivel formativo cuantitativa e cualitativamente.

A cita tivo lugar no día de onte nas mesmas instalacións dedicadas á ensinanza e ensaios, co fin de concretar horarios e dar resposta a todas as cuestións relacionadas coas materias e programas que se impartirán a partir da vindeira semana. Entre os asistentes estiveron tamén o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo e a concelleira de Educación, Susana García.

O novo horario queda fixado do seguinte xeito:

Linguaxe musical avanzada A: Luns 19-20 h.
Linguaxe musical avanzada B: Martes 19-20 h.
Linguaxe musical avanzada C: Martes 20-21 h.

Linguaxe musical iniciación A: Martes 17-18 h.
Linguaxe musical iniciación B: Martes 18-19 h.

Música e movemento: Martes 17-18h e 18-19 h.

Banda xuvenil: Martes 19-20 h.

Big Band: Luns 20-21 h.

Instrumentos
Saxofón: Luns 16-17, 17-18, 18-19, 21-22 h.
Guitarra: Luns 16-17, 17-18, 18-19, 19-20, 20-21, 21-22 h.
Clarinete: Martes 16-17, 17-18, 18-19, 19-20, 20-21, 21-22 h.
Metal grave: Martes 21-22 e 22-23 h.
Piano: Martes 16-17, 17-18, 18-19, 19-20, 20-21, 21-22 h.
Frauta: Martes 16-17, 17-18, 19-20, 20-21, 21-22 h.
Trompeta: Martes 16-17, 18-19, 20-21, 21-22 h.
Percusión: Venres 16-17, 17-18, 18-19, 19-20 h.